Ampliar portada Na segunda Dereita

Libros del autor

En la misma colección

Novedades

Na segunda Dereita

Dezanove relatos de hospital

José Luis Durán Mariño

Nunha ocasión tivemos ingresada a unha muller madura, duns setenta anos de idade, que daquelas rexentaba unha coñecida casa de citas situada no barrio da Tinería, un barrio moi popular da nosa cidade. Tratábase dunha muller moi afeccionada ao tabaco e a outras adicións dende os anos da súa xuventude, motivo polo que acabou como acabou ata que foi parar á nosa consulta, afectada por unha gran dificultade para camiñar debido a que tiña unha oclusión da súa arteria femoral esquerda.

Despois de dous ou tres anos de tratamento médico e de repetidas revisións na consulta externa vascular, nas que a nosa protagonista fixo caso omiso dos consellos que se lle deron para que deixara o tabaco e coidara os factores de risco vascular, a cousa foi a máis ata que comezou cunha dor continua nesa perna, polo que tivemos que ingresala para tentar mellorarlle a circulación na mesma.

Eran aqueles uns tempos nos que aínda estabamos empezando a tratar algunhas patoloxías arteriais, moi escollidas, por vía endovascular. O que hoxe, despois de máis de vinte anos de experiencia endovascular acabou por converterse nunha simple rutina terapéutica, era naqueles tempos aos que me refiro algo case excepcional.

Envío GRATUITO
a toda España

Libro impreso

Libro digital

Datos del libro

  • Libro impreso
  • ISBN: 978-84-15128-78-6
  • Páginas: 104
  • Tamaño: 13 X 21
  • 1
  • Libro digital
  • ISBN: 978-84-15128-78-6
  • Formato: ebook-EBOOK NA SEGUNDA DEREITA.epub
  • DRM: no

Aún no hay comentarios

your_ip_is_blacklisted_by sbl.spamhaus.org

Editorial Séneca
Avda. Compostela, 24
27620 - Samos

Telf. +34 900 525 257
Email: editorial@dharana.org

Cómo comprar | Condiciones de uso | Información legal | Protección de los datos

Gestionado con SoyEditor 2.01